CONCERTO LUSÓFONO MÚSICA AFRICANA
Músico e compositor angolano, acompañado da súa guitarra, harmónicas, percusións e voz , reinterpreta os ritmos tradicionais da súa terra, e tráenos a sonoridade da África occidental. Presente na escena musical ibérica dende finais dos anos 90, levou a súa música ós máis diversos escenarios, dende teatros a festivais e locais de concertos. Coas formacións "Alberto Mvundi e a turma angolo- galaica" e "Seneangola", foi unha constante na Galiza entre os anos 1998 - 2003, con momentos emblemáticos da súa traxectoria, coma o ser elixido por Manu Chao coma telonero.
Tras varias maquetas e a ruptura da banda, chegou o seu primeiro disco, apadriñado polo arpista galego EmilioCao. Despois colaboracións varias co gaiteiro Budiño entre outros artistas, lévanlle a participar na promoción do Xacobeo 2004 -Ano Santo Compostelán. O 2006, é un ano clave na súa traxectoria, co mecenazgo de Pancho Salmerón, grava en Lisboa o seu disco "Musseque", baixo a dirección musical do percusionista angolano Joao Ferreira, traballo co que máis identificado se sinte; o disco é presentado no Festival MusidanÇas de Lisboa, dirixido pola artista caboverdiana Sara Tavares. Nese mesmo ano muda a súa residencia a Andalucía, onde a súa música se enriquece co contacto con outros ritmos e músicos nómadas coma el. Moi activo nos escenarios andaluces, ten a súa residencia entre Galiza e Andalucía. Paralelamente a esta actividade musical, nestes anos ten colaborado con diversas ONG ́s e centros educativos, en campañas de sensibilización, de acercamento a África - en concreto a Angola, e concertos didácticos en colexios. Este verán 2013 xirou en concerto por España, Portugal e Francia, destacando a participación xunto ós Skatalites- mítica banda xamaicana, pioneira do ska- ós que teloneou no Enadobo Festival este pasado 22 de agosto. A música de Alberto Mvundi está dispoñíbel en IVOOX, como descarga gratuíta. |
ALBERTO MVUNDI
SÁBADO 7 XUÑO ás 20H
|