workshop MINITRONICS (& Pure Data) Puredata é unha linguaxe open-source de programación gráfica orientada basicamente á creación e manipulación de audío e gráficos en tempo real. Tipicamente utilízase para sintetizar son, crear música, controlar máquinas, integrar sensores nun proxecto de audío, xerar gráficos, facer proxeccións, mapping, computer-vision, etc. Máis cun típico programa de edición de audio ou vídeo, Pure Data ten a particularidade de poder ler e manexar datos provintes de fontes externas ao computador, a través por exemplo de sensores (luz, humidade, electromagnéticos, presión, acelerómetros, etc) ademais da posibilidade de comunicarse en tempo real con outros ordenadores mediante unha rede WiFi, por medio do protocolo OSC.
Neste workshop introduciremos as "palabras" e principios básicos que nos permitirán comezar con calquera proxecto de audio e vídeo, mostrarei "abstraccións" que nos facilitarán moito o traballo, revisaremos o dicionario que contén todos os obxectos actuais de Puredata, e pasaremos por último á interacción con sensores, mediante a placa MINITRONICS e a integración dos patches noutros proxectos. Dossier completo do curso. |
19-21 SEPT 2013
+++ PROGRAMA (horario de 5 a 10 pm):
Durante o workshop empregaremos a placa Minia, deseñada polo propio S. Barreiro, para interacción con sensores. Véndese online por 20€ ou ben no propio workshop. É recomendábel ter esta placa ou ben Arduino. Máis info.
Inclúe introdución a raspberry pi |
|
|
|
Acerca do instructor
Servando Barreiro vive en Berlín adicándose case en exclusiva a traballar con Puredata en distintos ámbitos, dende visuais ate proxectos de control de maquinaria electrónica. Organiza o "puredata user meeting" en Berlín e fai performances audiovisuais ocasionalmente.
+ máis info.
|
cartaz
|