"Hoxe en día, a arte musical crece e vólvese cada vez máis diverso, buscando combinacións de sons mais disonantes, mais estrañas, e mais rudas para o oído. É dicir, que esta arte se achega cada vez máis ao ruído. " Luigi Russolo
Neste obradoiro esencialmente práctico búscase unha reapropiación de sons escondidos, daqueles sons conservados nos espazos máis improbables da nosa vida. Neste taller serán transformados materiais naturais e obxectos comúns da vida cotiá, para crear instrumentos que poidan producir universos sonoros únicos e orixinais, sen descartar as posibilidades da electrónica (amplificadores, circuítos sinxelos e micrófonos de contacto) e a electromecánica. (Motores, altofalantes, etc). Por último faremos exercicios de escoita profunda e improvisación.
PROGRAMA
MATERIAIS E FERRAMENTAS
O percorrido sonoro proposto privilexia a utilización de materiais naturais, reciclados e recuperados, principalmente aqueles dispoñibles nos arredores onde se desenvolve o laboratorio e outros recollidos polos alumnos.
Tamén se utilizan algúns materiais básicos como fío de nailon, fita adhesiva, fío harmónico aceirados, baquetas de madeira flexible, bidóns de lata de dimensións variadas, tubos de PVC flexibles, leguminosas secas (lentellas, arroz, etc.), ou calquera outro material de uso común con propiedades sonoras interesantes. ATENCIÓN !! Suxírese aos participantes recoller materiais e obxectos servíbeis ou inservíbeis que encontren no seu ámbito, adaptadores de corrente, madeira, teléfonos, xoguetes vellos, radios vellas, altofalantes, etc, etc. Ademais de ferramentas como trade, serra de madeira, desaparafusadores, martelos, pinzas, etc, etc. Isto axilizase moito o desenvolvemento do traballo. CARLOS SUÁREZ SÁNCHEZ
Compositor, etnomusicólogo e percusionista galego, Celanova 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas. Nos últimos anos adícase especialmente a investigación e experimentación en Circuit Bending creando os seus propios circuitos e sintetizadores. + info. |
DESTINATARI@S
O curso vai dirixido a: músicos de calquera xénero musical, artistas sonoros e curiosos con ganas de novas experiencias acústicas e en busca dun son máis persoal. Así como a público interesado na exploración do son, a creatividade, DIY “fai o ti mesmo". Profesionais ou non.
CANDO ?
O obradoiro ten unha duración de 12 horas aprox. contando cunha sesión de mostra voluntaria:
PREVIA INSCRIPCIÓN
|