workshop GAmuza / documentación
máis imaxes, galería por Horacio González.
Emanuele Mazza, creador do software GAmuza e investigador en arte elecrónica e xerativa, estivo en GZ en dous obradoiros, feitos en Compostela (Baleiro) e Vigo (Alg-a Lab) entre o 3-9 de decembro 2012. Durante este tempo puidemos abordar as seguintes cuestións:
- instalación do software: compatibilidades e incompatibilidades
- o concepto de software híbrido: combinando módulos con programación
- dentro da programación: a potencialidade de OpenFrameworks e a súa accesibilidade através de GAmuza
- as condicións físicas para video-tracking: circuito de infravermellos, luminosidade(s) e contraste(s), outras dificultades e trucos
- luces e sombras da arte interactiva: aplicacións, exemplos, a súa repercusión na escena contemporánea
Mostra interactiva dentro do workshop: nun dos espazos capturamos a unha persoa/usuari@ con video-tracking proxectando a súa imaxe sobre as letras "alg-a" no interior do LABoratório. Ao tocar cada unha das letras, estas soltan letras pequenas que cesan ao deixar de "tocalas". Pero ademais, cada vez que se toca unha letra, a acción repercute noutro espazo do Alg-a Lab; neste caso noutro "kontainer" onde se activa unha iluminación diferente para cada letra tocada. Isto pódese ver no primeiro espazo através do televisor posto no chan que se aprecia tamén neste video.
|
Neste outro espazo "kontainer" actívanse diferentes iluminacións dende o espazo remoto anterior. Pero ademáis, xeramos audio con pezos eléctricos que son representados através de GAmuza na pantalla que se ve ao fondo.
|
grazas a Emanuele e a tod@s @s participantes !!