Laboratorio de experimentación instrumental e creación sonora
Impartido por Hugo Morales (MX)
Ao longo de 3 sesións divididas en partes teóricas e prácticas, presentarase un percorrido pola historia da música electrónica experimental, dende os experimentos futuristas e os primeiros instrumentos electrónicos de principios do século XX, pasando polos visionarios "históricos" do son como Varèse ou Cage, ata as correntes de hacking e DIY. Máis info. |
MDMME (GZ) + Ángel Faraldo (GZ) + Hugo Morales (MX)
04 de Outubro, 21:00 h. - Laboratorio Alg-A
Neste triplo concerto mesturaranse propostas que, dun modo ou outro, parten da música electrónica analóxica: A serie MX4OSC de MDMME, consiste nunha serie de pezas improvisadas a partir de ondas electrónicas puras e perturbacións xeradas por 4 osciladores, de xeito que as dificultades de control no proceso de manipulación sonora e a incerteza dos resultados alteran e alimentan o discurso musical. De modo similar, Ángel Faraldo utiliza unha mesa de mesturas para xerar toda sorte de sons coa retroalimentación electrónica da propia mesa. Por último, o rango de ferramentas que Hugo Morales utiliza nos seus concertos van dende os instrumentos tradicionais alterados física e/ou electronicamente ao traballo con obxectos rudimentarios amplificados. Será unha sorpresa ver con que nos sorprende nesta cita no laboratorio Alg-A. Máis info.
|