FINCA ALG-A LABORATÓRIO
Alg-a Laboratório é unha finca de 3000m2 disponíbeis en rexime de cesión a Alg-a Asociación polo particular Carlos Alonso, veciño de Valadares, por un periodo de 10 anos co fin de desenvolver no espazo actividades culturais acordes cos obxectivos da Asociación. Na finca están instalados diferentes kontainers e espazos adxacentes que completan o laboratorio como espazo de innovación e investigación, medialab autoestionado e centro social 2.0.
|
herm3TICa
Plató dixital, laboratorio de performance, telepresencia e estudio dixital. Como lugar de investigación para artistas residentes ou invitad@s. Este espazo o empregamos de forma polivalente para obradoiros de electrónica, programación ou incluso como sala de comunicación en eventos, info-point e documentación. RECURSOS: 42 m2 dividida con paredes móbiles, PC mesa i7 / 16 MG, mixer video analóxica, pantalla de retroproxeción, instalados diferentes monitores interconectados, 1 cámara minidv, 1 webcam, micrófonos e piezos eléctricos, equipo de son con mesa de misturas, mesas de traballo, salamandra. Conexión wifi.
|
|
KONTA(IN)ER
Espazo de traballo e investigación en electrónica e interactivos. Sala multiusos expositiva, para exposicións temporais, intervencións ou instalacións durante eventos. É un espazo dinámico, onde o que fagamos ten que ser lixeiro e doado de montar/desmontar. RECURSOS: 1 banco, 1 mesa, 1 tv samsumg plano 44', varios enchufes.
|
TERRAZA ENTRE-MÓDULOS
LOCAL SOCIAL
Espazo social de encontro e acontecementos. Concertos, cinema, presentacións, charlas, bar e festexos. O local pode ser solicitado por outras entidades para organizar eventos. RECURSOS: tarima-escenario con linóleo, equipo de son: amplificador + mesa, pantalla proxección, proxector, equipo de luces + dimmer 4 canles, bar con 3 neveiras, 2 monitores TV, conexión wifi.
ALG-AZEN
Primeiro andar da casa. Habitación para residentes de curta ou longa duración. Instalación da Radio Piratona cuia mesa serve a súa vez para reunións ou espazo de estudo para quen a precise ou solicite. Ademais está taller de electrónica, hardware e carpintería que completa os espazos de herméTICa e kontaINer onde tamén hai trebellos. Normalmente empregamos este taller para facer o máis gordo e depositar o material e ferramentas. Por último hai un espazo intermedio que convén deixar libre para tarefas/actividades que poidan precisar un espazo cuberto ocasionalmente, así como un pequeno espazo de almacen propiamente no que convén que as cousas non permanezan moito tempo. A idea é que sempre esteamos a reutilizar (redireccionar) todo o que entra. Baño con ducha e conexión wifi.
#ORREOFUXIO
Canastro duns 6 m2 rehabilitado mediante bioconstrución por Hábitat Social Cooperativa. Funciona como invernadoiro, estación metereolóxica e intervencións efímeras.
|