O vindeiro sábado 1 de marzo o proxecto MONTE NOSO convídanos a un encontro coas comunidades de montes participantes na instalación Xeografías do mancomún, que forma parte da exposición Veraneantes. Con este encontro buscan achegar ás comunidades á exposición, acadando así un espazo de comunicación e intercambio entre elas.
Montenoso procura espazos de enunciación de coñecementos locais sobre os comúns como tarefa prometedora e urxente. Di Arturo Escobar que ‘o coñecemento local é un modo de conciencia baseado no lugar, unha maneira lugar-específica de outorgarlle sentido ao mundo’ (2000, 125, Escobar). Nesta liña un dos obxectivos prioritarios é achegarse, documentar estas realidades, visibilizalas e poñer en relación estes coñecementos con outras manifestacións dos comúns. MONTE NOSO aposta pola creación de narrativas dispersas que rachen os discursos homoxeneizantes que obvian ás comunidades.
Abrir os comúns a debate, na contra daquelas tendencias que procuran un novo enclosure dos mesmos, facilitando desta maneira eses ‘outros modos de subxectivación’ (Guatari, 60). Di Guatari que a ‘tentativa de control social, a través da produción de subxectividade a escala planetaria, choca con factores e procesos de resistencia considerables, unha revolución molecular’. É fundamental a conexión destas microrresistencias e a activación de redes de apoio entre elas, así coma a creación de espazos de enunciación colectiva que dan conta delas.
Xantar:
+información: omontenoso@gmail.com / @montenoso

- Cada persoa/comunidade ha levar comida da zona, agardamos poder compartila entre todxs
- A inscrición no xantar facémola no PAD https://saramaganta.info:9001/p/montenoso44 [Pide confirmación máis está nun server seguro! ]
- Casa de Montes. Rúa Montes 36004 Pontevedra Mapa

|
|