|
EÓLICO DIY
CONTINUACIÓN INSTALACIÓN COMEZADA EN FEIRA IMAXINARIA 2014 Prototipo de sistema híbrido autosuficiente de enerxía renovábel. Converte enerxía solar e eólica en enerxía eléctrica, dando unha saída de 12V directamente da placa solar ou da batería, así como 220V mediante un inversor de até 350W. Ao empregar dúas fontes diferentes de enerxía o sistema é máis complexo e estábel; permite compensar baixadas nunha das fontes a favor da outra. Isto o fai mediante o conmutador. O sistema eólico precisa sempre dunha resistencia que manteña un mínimo de consumo ainda cando non se lle estexa demandando consumo ao sistema.
|

Obradoiro facilitado por Xose Manuel Tubío
Docente en electrónica e sistemas enerxéticos.
Docente en electrónica e sistemas enerxéticos.