CULTURGAL 2012![]() Participamos invitad@s á Mesa de Traballo para Axentes Culturais: Compartindo Multiplicamos.
|
FORO CULTURGALAdemais do programa da Feira, dende 2011 puxemos en marcha o Foro Culturgal, xornadas intensivas onde afondar en temas de actualidade xunto a destacados profesionais chegados do resto de Galicia e de distintos puntos da península. Este ano ofrecemos dúas xornadas independentes, con temáticas e dinámicas de traballo diferentes, pero co obxectivo común de visibilizar o papel das industrias creativas como ferramenta de desenvolvemento económico e social:
O venres 30 de novembro, de 10h a 18h, o encontro COMPARTINDO MULTIPLICAMOS. MESA DE TRABALLO PARA AXENTES CULTURAIS reunirá en torno a 10 mesas de traballo a profesionais destacados do sector cultural de Galicia e do resto da península para abordar temas clave como internacionalización, financiamento, recursos e programación e produción cultural e as súas vinculacións co contexto e coas comunidades. Descarga toda a información en galego ou castelán. |