C0MP0ST3L4!! TECNOLOGIA DO ESPÍRITO
video-instalación performance interactiva
video-instalación performance interactiva
O espazo público é un espazo social mais, é tamén un espazo cultural, cognitivo, espiritual? Poderiamos dicir que é un espazo virtual, en tanto que virtuoso e xerador de potencias e novas posibilidades. A tecnoloxía pode server para comunicarnos, nunha nova era dixital da información, mais tamén debera server para interconectarnos a outro nivel, según outra interactividade: radiografar o sutil, propiciar un ecosistema sensíbel e intelixente, xerar un scanner en tempo real do instante, xugo de tradición e futuro. A C0MP0ST3L4!! que aquí plantexamos é este interfaz tecnolóxico-espiritual: grado cero do tempo, algoritmo de infinitos espellos, non-lugar fóra dos mapas físicos, instauración de memoria e desexo. C0MP0ST3L4!!: instante espectral en Alta Definición, choro da besta ao arrancarse das tebras: voz, autoconciencia, desprego (desenvolvemento/evolución). Constelación de rasgos que configuran un rostro, labirinto de rúas, pegadas sen fin, o baleiro á espera, máscaras debaixo das máscaras...
FICHA TÉCNICA:
|
proba quietude from man_hauser ii on Vimeo. |
A videoinstalación é creada especificamente para o Festival EXPLURART 2014
INAUGURACION MARTES 01 DE ABRIL 2014 NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR MÚSICA DE VIGO. CÓMO CHEGAR !! |