TALLER CONSTRUCIÓN ESTUFA RUSA DE ALTO RENDEMENTO
Unha estufa rusa é un tipo especial de estufa que apareceu por vez primeira no século XV. Emprégase tanto para cociñar, como para calefacción doméstica. A estufa rusa queima leña ou residuos de madeira. Está deseñada para manter o calor durante longos períodos de tempo (6 ou 7 horas). Isto acádase mediante a canalización do fume e o aire quente producido pola combustión através dun complexo labirinto de pasaxes, quentando os ladrillos empregados para a construcción das paredes da estufa.
Durante a xornada do SÁBADO 25 XANEIRO abrimos as portas para amosar o grosso desta construción, tendo avanzado xa os preparativos: construcción da base, adquisición do material, confección das distintas portas de ferro, etc.) e comentaremos todo o proceso:
Podes pasarte ao longo do día para coñecer os detalles da construción da estufa de modo teórico-práctico. O taller será desenvolto por Alex F. Palicio de Tecnoloxía/s Apropiada/s. O acceso é gratuíto. Se vas quedar a xantar escríbenos un mail a: [email protected]. Algúns links de interese e máis documentación en:
|
#sostibilidade #DIY #autosuficienciaEnerxética #renovábeis #bioconstrución