ALG-A LAB & CULTURA LIBRE NA GALIZA
Podemos caracterizar a Cultura Libre, a grandes rasgos, como unha forma de entender a Cultura ao marxe dos dereitos de autor. Fronte a propiedade como forma de relación cunha obra/produto cultural, a Cultura Libre entende que os recursos culturais non nos pertencen estrictamente, sino antes ben, somos nós @s que pertencemos a eles. Pertencemos a Cultura, do mesmo modo que a intelixencia é colectiva, porque estamos inmers@s nunha concatenación de influencias, referencias, materiais, que empregamos continuamente, nos que nos baseamos sempre para xerar algo novo, sendo na maior parte de aspectos imposíbel decidir onde remata o que un aporta individualmente do herdado. Isto acontece non só a nivel de contidos, senón incluso a nivel das condicións dos propios contidos; un bo exemplo disto é a escala dodecafónica para @s músic@s; pero moitos máis aspectos; pensemos nas persoas que empregan instrumentos, técnicas, recursos, tecnoloxías que otros inventaron para desenvolver novas obras, novos contidos con el@s. Non teríamos que remontarnos entón até @s nos@s antepasad@s primitiv@s e o emprego dos primeiros aparellos que inventaron para interactuar co medio?
|
alg-a_culturalibrenagaliza.pdf | |
File Size: | 256 kb |
File Type: |