ATARI PUNK CONSOLE
electrónica creativa para sonido
electrónica creativa para sonido
Programa.
14 de Febreiro de 2014 de 17h a 21h 15 de Febreiro de 2014 de 11h a 14h e de 16h a 21h Prezo: 45 euros (inclúe materiais e placa) Impartido por Carlos Suárez Mínimo 10 alumn@s antes do 11 feb. @s 10 primeiras inscrit@s levan un micrófono de contacto de agasallo. @s alumn@s deben traer unha caixa pequena para colocar o aparato. Dirixido a músicos e en xeral xente interesada na electrónica. Consultas e inscripcións: [email protected] FICHA DE INSCRIPCIÓN
|
Atari Punk Console é un circuÌto productor de sons, un clásico dende a súa aparición en 1980. Ademáis é o primeiro paso para construír outro tipo de ferramentas como órganos ou pedais de guitarra. Neste obradoiro construiremos un Atari Punk Console e aprenderemos as bases da electrónica (DIY) "faino ti mesm@", dende a interpretación de esquemas a soldadura de circuitos. Non é necesaria experiencia previa.
O mundo do "faino ti mesm@" (Do It Yourself) renovouse nos últimos tempos con novas propostas baseadas en conceptos orixinais. Asi é como coñecemos a diario un novo robot, veículo ou o que sexa feito de lego, máquinas de Rude Goldberg traídas ao mundo real, entre outras xenialidades. O corazón do circuíto é un temporizador IC 556 dual e só precisa de dous controles (frecuencia do oscilador e control de lonxitude do pulso) para funcionar. Estes potenciómetros foron reemprazados en distintos desenvolvementos por teclas, presión, temperatura e até luz. O circuito é tan pequeno que pode ser ensamblado en calquera tipo de caixa, até nunha de pastillas como amosa a imaxe que ilustra a nota Carlos Suárez Sánchez
Compositor, etnomusicólogo e percusionista galego, Celanova 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas. Nos últimos anos adícase especialmente a investigación e experimentación en Circuit Bending creando os seus propios circuitos e sintetizadores. + info.
|