ARTE PARA UNHA ILLA
O vindeiro domingo 2 de xuño, a Illa do Covo, coñecida coma Illa das Esculturas, na desembocadura do río Lérez, acollerá unha xornada de exhibición das artes para todos os públicos. O Concello de Pontevedra organiza estas actividades nas que colabora aCentral Folque coordinando actos musicais, de danza e de tecnoloxía multimedia cos colectivos Alg-a Lab e Danesga. O obxectivo é dar a coñecer este espazo público que acaba de ser rehabilitado e remozado para o desfrute dos cidadáns. AS actividades dessenvolveranse durante todo o día. Podes descargar todo o programa de Fai Ponting aquí.