Carta aberta a colectivosEntendemos o encontro anual da rede Arquitecturas Colectivas como unha oportunidade para tirar proveito das dinámicas e loitas dun numeroso grupo de persoas moi activas no eido da construción colaborativa do entorno, é por isto que pretendemos abrir o máximo posible o foco de atención das xornadas, co fin de potenciar a súa utilidade social.Atendendo ás capacidades e necesidades das persoas que participan ou poderian participar da rede, así como á necesidade de dar respostas á coxuntura socioeconómica actual (cunha evidente necesidade de cambio de paradigma) plantexamos que o obxetivo do encontro xire ao redor da investigación e proposta de mecanismos para a emancipación vital (profesional, económica…) perseguindo a vida digna e respetuosa coa terra e as persoas.
Propoñemos pois unha temática ampla, integral, que abarque diferentes aspectos/ámbitos baixo unha mesma idea: “O bó vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna” *, e que poda ter unha utilidade real tanto para os colectivos como para a sociedade. *O ‘buen vivir’, ese concepto que pode parecer difuso ou ‘liquido’ pero que, como forma de orientar as políticas públicas está xa en novos sistemas políticos. Referencias: El buen vivir, Sumak Kawsay, territorio indígena |
O espazo, Alg-a LabComprácenos este ano acoller o encontro 2013 da rede Arquitecturas Colectivas. O Laboratório Alg-a, sede social e espazo de investigación de Alg-a Asociación, xorde, en tanto que sede física, coa cesión de dous contenedores por parte do proxecto Recetas Urbanas, prolegómeno do que é hoxe Arquitecturas Colectivas. Dende entón levamos varios anos mantendo un proxecto de cultural, que tende a ser holísitico, polo menos no sentido de deseñar un espazo que dende o arte e a teconoloxía, tende a acoller distintas vertentes vencelladas á cultura libre.
Alg-a Laboratório é un espazo situado en Valadares, nunha finca en cesión na que fumos instalando e recuperando, ademais dos containers de recetas urbanas, novos espazos. Neles levamos a cabo residencias artísticas, workshops, encontros, feiras e reunións de traballo. A finalidade máis técnica e específica do espazo é servir de laboratorio dos media (novos media), mais nun sentido máis amplo funcionamos como un centro social 2.0; practicando formas de xestión vencelladas á cultura dixital, o P2P e o procomún. Neste senso é moi importante a relación do Laboratorio co seu entorno: dende o máis inmediato, procurando unha vida autosustentábel mediante a permacultura, a bioconstrución e a reciclaxe; mais tamén a nivel veciñal, fomentando o vínculo coa parroquia, intercambiando labouras no seu banco de tempo, etc. Por último participamos en diferentes encontros nacionais e internacionais vencellados a novas formas de xestión, cultura libre, P2P e producción cooperativa e distribuida de prácticas e coñecementos. |
site 2013 Arquitecturas Colectivas
La Aventura del Saber. Arquitecturas Colectivas