CANLES ALTERNATIVAS DE CREACIÓNDende o grupo de investigación de Arte e Estética da USC fomos invitad@s a este encontro no CGAC xunto a outros proxectos, artistas e colec tivos: "Este seminario desenvólvese no marco do proxecto de investigación Canles alternativas de creación experimental. O eixo atlántico (1975-2012), e é resultado da colaboración entre o grupo de investigación Arte e Estética Contemporáneas, da Universidade de Santiago de Compostela, e o Centro Galego de Arte Contemporánea. O seu obxectivo é indagar nas propostas alternativas que se desenvolveron en Galicia e no norte de Portugal entre os anos setenta e a actualidade. Para o seminario contaremos con membros de colectivos e especialistas deste e doutros contextos peninsulares. Analizaranse casos concretos —proxectos e espazos— e estableceranse relacións cos seus ámbitos e realidades históricas, dando así continuidade ao primeiro seminario, de carácter teórico, que tivo lugar na primavera do ano 2011". Máis info.
|
invitación ao seminário do grupo de investigación da USC |