Foron 3 días practicamente ininterrompidos de obradoiros, concertos, performances, visuais, encontros, charlas, xantares, espazos compartidos. Unha das cousas que máis salientamos deste Bending Fest foi a ensamblaxe das propostas; tanto entre elas como no espazo (Alg-a Laboratório); mesmo coa xente proveniente de diferentes ámbitos. Para algunhas, era descoñecido o Circuit Bending, mais ainda así, de seguida empatizaron e trataron de comprender o que acontecía. A construción do teu propio "chintófano", a xeración eléctrica non-manufacturada, non-industrial, senón a re-apropiación destos dispositivos, é sen dúbida, unha tarefa facéndose, e por facer, no eido dunha Cultura Libre. Deixamos aquí un post dos GRÚ, Fur Alle Falle.
|
alg-a laboratorio
[email protected] tags
All
archive |