Laboratorio de Performance from man_hauser ii on Vimeo. |
Cámara branca de revelados, clínica de esquizoanálise, programática para corpos sen órganos. O Laboratorio de Performance é un espazo "videovixiado" no que contra-efectuamos o poder de captura da imaxe, o imperio da visibilidade; en vez delo, un espazo de con-fabulación, propio-cepción, interacción, atención e memoria.
cámaras, sensores, telepresencia
|
A imaxe-cristal é o punto no que se entralazan e entran en relación os aspectos actual/virtual da imaxe formando un bucle infinito de retroalimentación. A pesar de ser diferentes ámbolos dous planos, son indiscerníbeis; isto é: percebimos a súa diferencia, mais atopamos os dous planos dándose, acontecendo, desenvolvéndose ao mesmo tempo. RODA DA FORTUNA, décima carta do Tarot, a lebre que persegue ao zorro e viceversa. Circuito real/imaxinario, presente/pasado, audio/visual, eterno retorno. Toda a potencia do tempo que pasa mais que queda ao mesmo tempo que pasa. Escisión no mesmo instante, apertura e coronación por iso mesmo na esfinxe que coroa a carta. Quizais, o esplendor de Aión ¡¡¡
|
10- imaxe-cristal from man_hauser ii on Vimeo. |
video-tracking & propiocepción
através do video-tracking autopercibimos o corpo e o movemento dun modo diferente. Xeramos outro tipo de interacións polo mero feito de movernos: sons, imaxes, podemos activar luces ou outro tipo de circuitos, motores, etc. Disociamos e mediamos a relación co noso propio corpo e movemento e polo tanto accedemos a un novo espacio de percepción do mesmo: un espazo estraño / de estrañamento que ben poderiamos calificar como un espazo (corpo) sen órganos.
|
ruptura da CAUSA - EFECTOalén da física clásica, baseada na noción de causa-efecto, xa a tradición alquímica reivindica / investiga / profundiza noutro tipo de relacións ás que aparentemente / matematicamente acontecen na natureza. Romper a relación causa efecto, disociala, xerar efectos diferentes, novos, inesperados... para as mesmas causas xa o pensaba a tradición hermética, mais agora, através das TIC's potenciamos / consumamos esta posibilidade. Ler máis.
|
hermético / hermenéuticacando falamos de herméTICa procuramos unha vía media entre esta disiuntiva: hermético/hermenéutica. Contra a primeira: non nos vale, non queremos un espazo de investigación inacesíbel. Contra a segunda: segue no ámbito da conciencia; continúa interpretando. A herméTICa introduce buracos na tradición selada: mediante as TIC's xeramos ventás de interacción no noso aquí-agora. Ler máis.
|
circuito pechado de infraVERMELLOSa captura e trans-codificación de imaxe en video-tracking require unhas condicións de iluminación/proxeción específicas para as cales un circuito de infravermellos son óptimas. Pechamos un circuito de invisibilidade/visibilidade que nos permite a CAPTURA. Ler máis.
|