Open Lab y creación de danza en redAsistimos ao Open Lab e creación de danza en rede Laboratorio de escena telemática e distribuida con presentación pública do resultado e emisión a tempo real en Internet. A experiencia escénica articúlase entre dous lugares: Barcelona e Santiago de Compostela compoñendo as accións a tempo real, nun diálogo conxunto producido desde cada lugar e no que as cámaras de vídeo e as redes de transmisión de datos de banda ancha estruturan esa posibilidade de composición performativa conxunta en directo. Ademais da performance en tempo real presenciamos charlas de iGLOR, Kònic e o Aula de Danza da USC nas que contaron os seus proxectos e presentaron a plataforma Xanela-Rede.tv en torno a posibilidade dunha comunidade "tecnoescénica" en relación coas novas potencialidades do streaming para as Artes Escénicas e Visuais. |