Alg-a Laboratório é unha nube difusa de colaborador@s, artistas e activistas, residentes, investigador@s, veciñ@s... ainda así, estamos polo de agora algunhas persoas destinadas á organización e xestión destas sinerxias. Así:
- mdmme cell: Músico dende os 15 anos, actualmente compaxina a súa actividade performática (concertos de piano e/ou electrónica) con varias liñas de investigación relacionadas co son, espacio público e arte e medio rural, ademáis da súa labor docente dende o ano 2000 no proxecto pedagóxico Orquesta 3xploratoria (taller de exploración sonora). É coordinador do espazo Alg-a Lab (laboratorio de experimentación cultural) e director do programa de investigación sobre arte e medio rural Verbenas Periféricas. KEYWORDS: piano preparado-improvisación libre-parkour sonoro-poesía fonética-opera-sensores-osciladores-electroacústica - situacionismo-obxetos sonoros-psicoescoita-electropunk-electrotrad-cacharrada-noiss-ketapop-construcción de hábitats sonoros-laboratorio experimentación sonora- arte + medio rural. PROXECTOS: Licenciado en Humano (ópera/ concerto para piano preparado e voz ); Sound Parkour (intervencións sonoras no espacio público urbano); mx4osc (electrónica xenerativa); A Cova de Bactriana (construcción de hábitats sonoros); Orquesta Exploratoria (laboratorio de experimentación sonora (nenos e adultos)); Verbenas Periféricas (exploracións sobre arte, medio rural e desenvolvemento comunitario). PUBLICACIÓNS: Licenciado en humano (Non ou edicións 010); Tan inauditos (Crónica 010); Opera Forte Fonetica (alg-label 09); O fraccionamento do asombro (alg-label 07); Ïg (ig records 03). PRODUCIÓNS: Mercedes Peón, Ecléctica Ensemble, Uxía Senlle, Avalon. Máis info, talleres, contacto e concertos.
- man_hauser: Especializad@ en Arte, Filosofía y Creatividad na Universidad de Valencia monta o Proxecto de Innovación Pedagóxica teatro RESOANTE no que desenvolve teses de Filosofía-Teatro tal como as plantexa G. Deleuze xunto a filósofos-teóricos como Foucault, Artaud, Nietzsche... Baseándose en propostas de aprendizaxe significativo e pensamento visual (Visual Thinking) a primera produción, A CAVERNA DE PLATÓN, pon en relación teoría & espectáculo, cuestionando precisamente a separación platónica (apartir de aí de toda a tradición) entre o afora e o adentro da caverna, coa intención de reinterpretar o valor do simulacro: o seu potencial de repetición sen orixinal. Xorde dentro de teatro RESOANTE un obradoiro-sesión de VJ HISTORIA DO CINEMA dividido en dúas partes: O específico do cinema e A crise da imaxe-acción. Este desenvolve unha sorte de pedagoxía da imaxe cinematográfica, con influencias dos textos de G. Deleuze (Imaxe-movemento e Imaxe-tempo), así como as exposicións de Godard en Histoire(s) du cinema: Historia do cinema e o cinema como historia (flyer). Man_Hauser entra a formar parte en 2009 de UNIVERSIDADE INVISÍBEL en relación coa rede UNIVERSIDAD NÓMADA centrada na produción de saber e formas de docencia alternativa en torno a temas como: capitalismo cognitivo, biopolítica, post-feminismos, sociedade do espectáculo. Neste eido publica TEORIA DA IMAGEM onde vincula teoría e artes contemporáneas, performance, vídeo... En relación coa comunidade de arte libre ALG-A produce en setembro de 2010 I FEIRA IMAXINARIA CONTEMPORÁNEA onde se dan cita diferentes colectivos do tecido creativo-productivo de cultura contemporánea galaica para esclarecer condicións e posibilidades dunha xestión e profesionalización cooperativa d@s interesad@s dando lugar ao proxecto GZ Imaxinaria. Investiga o movemento (hiper) visualizado através de webcams no que poderiamos chamar un espazo videovixiado, a súa contra-efectuación, nunha pragmática do esquizoanálise (+ info aquí e aquí). + info.
- gus sanromán: Licenciado en Hª fai certo iso de que "o saber non ocupa lugar". Con coñecementos de socioloxía, filosofía, astronomía e outros saberes da vida, é un activista social no día a día en ámbitos como o ecoloxismo, o animalismo e o feminismo.