Dende Alg-a Laboratorio convidámoste á xornada de construción dun teito verde que faremos o próximo sábado 19 de maio dende ás 11 horas. Esta é a xornada final de colocación das capas de impermeabilización, drenaxe e manto verde, despois de varias xornadas construindo e colocando a estrutura base en pendente. A xornada prolóngase dende a mañá á tarde, cun bar, xantar e furancho nocturno. Coordinado por Alex Milenikos & Alg-a Productions. "Teitos verdes", "naturación de azoteas" ou "Green roofs" basicamente refírese a ter un xardín no teito ou terraza do seu inmoble. É un sistema que permite cultivar sobre unha losa calquera tipo de vexetación; dende pasto até unha árbore. Ter un teito verde no seu fogar ou lugar de traballo ten grandes beneficios medio ambientais, de saude e económicos. En Europa empregáronse teitos e paredes verdes dende hai miles de anos, onde foron punta de lanza en materia de sustentabilidade. Actualmente en Estados Unidos desenvólvense normas, recomendacións e leis que incentivan o emprego de tecnoloxías verdes nos edificios. (LEED-USGBC). Os teitos verdes tipicamente teñen as seguintes compoñentes:
|