O Alg-a Lab é un laboratorio de experimentación cultural posto en marcha en 2008 pola comunidade de artistas Alg-a (2003), en colaboración por unha banda co arquitecto e activista Santiago Cirugeda, facilitador de 2 colectores habilitados para vivenda dentro do seu proxecto Recetas Urbanas (xerme da actual Rede Internacional de colectivos Arquitecturas Colectivas), e por outra cun particular da parroquia de Valadares (Vigo), quen nos ofreceu unha leira de 3000m2 en réxime de cesión por 10 anos, onde están actualmente instalados os colectores. | O obxectivo é ofrecer o Alg-a Lab como recurso a disposición dunha rede distribuída de diferentes persoas, comunidades e organismos (relacionados principalmente coa arte, a tecnoloxía libre, a arquitectura, a educación e a permacultura) interesadxs no espazo para o seu uso e xestión cooperativa. Paralelamente tratamos de experimentar e aprender diferentes posibilidades de autoxestión e organización colaborativas, inspiradas nas dinámicas distribuídas da cultura libre e nas redes P2P. |