Despois de varios anos movéndose por diferentes espazos da cidade de Vigo, Radio Piratona para en Alg-a Laboratório. E de paso propoñémosvos darlle un novo pulo e favorecer novas sinerxias, de cara a conservar e ampliar un medio de comunicación como este, tan vencellado á autoxestión, a cultura libre e independente e os movementos sociais e culturais. E con este motivo convidámosvos á Asamblea aberta que celebraremos o vindeiro sábado 30 NOV ás 16 H na propia sede de Alg-a Lab. Queremos unha Radio Piratona que fomente o local, as relacións socio-culturais do entorno máis inmediato: @s veciñ@s de Valadares e Vigo; mais tamén queremos facer conexións deslocalizadas, seguramente alén das ondas de FM, ainda que en interacción coas mesmas. Se tes algunha idea, queres facer o teu programa ou colaborar dalgún modo, asiste a vindeira asamblea ou ponte en contacto connosco. Algunhas entidades de Valadares coas que podemos colaborar son: Centro Veciñal e Cultural de Valadares, Comunidade de Montes, Banco de Tempo ou a Comisión de Festas de Valadares. | Antena de Radio DIY en Alg-a Lab |
REACTIVACIÓN RADIO PIRATONA
0 Comments
Leave a Reply. |
AuthorA Piratona realizou a súa primeria emisón o 8 de marzo de 1988 (coincidindo co Día da Muller Traballadora) desde a escola de FP do bairro de Teis, coa intención de criar unha alternativa de comunicazón para dar a conhecer as formas de cultura popular diferentes á oficial e subvencionada polas administrazóns públicas (hai que lembrar que eran os tempos da famosa “movida dos 80”), mais pronto foi censurada polo claustro da mesma ante a ameaza por parte do Ministerio, dado o carácter ilegal da emisión, pasando a emitir desde a clandestinidade o 17 de maio (Dia das Letras Galegas) do mesmo ano. Archives
April 2014
Categories
All
|